Ir o contido principal

Que contén esta guía?

A guía que tes nas túas mans foi elaborada con moita paixón. Durante a nosa vida facemos moitas cousas por compromiso, polo que dirán os demais, e xeralmente son cousas que non nos motivan nin nos gustan. Pero cando facemos algo que realmente nos apaixona, emociónanos, fainos sorrir e énchenos de enerxía, é estupendo.

Aos autores do libro que vas empezar a ler entusiásmannos as áreas de coñecemento nas que traballamos: a psicoloxía, a sociología, a dietética e nutrición, e as ciencias da actividade física e do deporte; e queremos transmitirche esa paixón a través desta guía. Nela atoparás teoría e actividades prácticas para conseguir manter ou mellorar a túa saúde, e non nos referimos só á saúde física ou corporal, senón tamén á saúde psíquica ou benestar mental. É dicir, á saúde que nos permite vivir de maneira autónoma, solidaria e gozosa. E é que ter saúde non é unicamente non padecer unha enfermidade. De feito, unha persoa que padece unha enfermidade pode, ao mesmo tempo, sentir benestar ou ter a capacidade de disfutar dunha vida plena.

Esta guía pretende axudarche a adquirir novas actitudes, crenzas e hábitos, pondo especial énfase nos hábitos saudables relacionados coa alimentación, a actividade física, mental e social, o equilibrio psíquico e emocional. Conseguir ter un estilo de vida saudable pódese aprender, do mesmo xeito que podes aprender a tocar un instrumento musical ou a pintar. Si practicas podes chegar á excelencia no que respecta ao coidado persoal da túa saúde. O adestramento en hábitos saudables pódeche axudar a percorrer o camiño cara ao benestar e achegarche á felicidade. Merece a pena tentalo, non cres?

Somos conscientes de que adquirir estes hábitos de vida saudables non é sinxelo. É relativamente fácil plasmalo por escrito; pero o realmente importante, e ás veces difícil é levalo á práctica. Por ese motivo, incluímos nesta guía non só información teórica, senón tamén numerosos exercicios (actividades prácticas, de introspección e tomas de conciencia) para que interiorices o que vaias lendo. Confiamos en que fagas estes exercicios para sacar moito máis proveito da túa lectura. E que con esforzo e paixón consigas aquilo que che propoñas.

Para a Fundación EROSKI e para os autores, elaborar esta guía supuxo todo un reto que cremos superar e do que sentimos orgullosos. Confiamos en que sexa do teu agrado.

Que goces da lectura!